lunes, 30 de abril de 2012

AS FOTOS 2 OS MARQUESES INAUGURAN O MERCADO


Os Marqueses de Mos e demáis familia chegan ao mercado.


e saúdan aos veciños ou... recordanlles os tributos que deben pagar?


o cesteiro Carliños comenzaba a facer o cabaceiro mentres ...


... seguen chegando veciños ao mercado.

...e máis veciños...


...para vender os seus produtos,



ata as peixeiras do Berbés.



E OS ARTESANS FIXERON DEMOSTRACIÓNS DO SEU TRABALLO

o noso veciño, a alfareiro Ricardo García (Cerámicas AICA)


o zoqueiro, Alberto Geada


e os ferreiros de Mós


ARTE EN COIROS, da nosa veciña Verónica Duarte


e a xente animouse a participar nos obradoiros



e tanto traballo... fai ganas de comer...


había filloas, pulpeiro do Carballiño,...


o moitas cousas máis... 



ata chocolate para os máis pequenos.


e chegou un momento no que,... a pesar das nubes...

...a cousa foise animando...


...e houbo festa para todos.


debaixo da carpa e fora dela


a Sra. marquesa Dona Felicidad agasallando aos máis pícaros.



o señor cura tamén se arimou a algunha taberna.
  

e a poetisa Carmeliña recitou os seus versos.

e o cabaceiro ía collendo xeito.




pero algúns ían armados,... aquí estábase cocendo algo.
O caudillo da Alarma de Sto. Antoiño, José Benito Bernardez con dous membros da súa partida. 


e Juan Araujo, o máis valente dos veciños da Louriña.




domingo, 29 de abril de 2012

AS FOTOS 1 (na Reconquista)

PARA NOS A FESTA COMEZOU NA RECONQUISTA DE VIGO.


Os personaxes da Louriña que interpretamos en Mós tamén estiveron na reconquista de Vigo (podes consultalo neste blog en Datos históricos) e alí estivemos nos un ano máis.

Pero este ano iamos juapísimos, estrenando o novo traxe da Alarma de Sto. Antoiño e dispostos a dalo todo como fixeran os mosenses de 1809.

A Nucho non lle chegaba o momento de bater nos franceses.


Levaba dous meses cultivando bigote e perilla.


ATA QUE O FRADE GIRALDEZ COMEZOU A ARENGAR A XENTE,...

DANDOLLES AUGARDENTE PARA COMENZALO ASALTO ÁS MURALLAS DA CIDADE.

E así foi como a Alarma de Sto. Antoiño de Mós encabezou o asalto á porta da Gambóa.


TENTANDO ESCALAR AS MURALLAS CON CORDAS...



...E SUFRINDO OS BALAZOS DOS FRANCESES.




Despois chegaría o mítico Carolo, o capitan Cachamuiña e as mulleres do Berbés para reventar a porta da Gambóa a golpes de machada.

O caso é que entre todos fomos quen de botar fora aos franceses e aquí estabamos nos representando e lembrando á xente da Louriña que protagonizou este episodio.

Esta é a tradicional foto de grupo da Alarma de Sto. Antoiño diante da porta da Gambóa.


  

sábado, 31 de marzo de 2012

O PAZO DE MOS


HISTORIA DO PAZO



foto: fachada frincipal en ruinas alá pola década dos 80.

As orixes.

O nacemento da actual parroquia de Mos está ligado á construción do Pazo e ó asentamento nestas terras da familia Quirós Sotomayor, emparentada con Pedro Álvarez de Soutomaior, o mítico Pedro Madruga.

A mediados do século XIII aparecen as primeiras referencias escritas sobre a "Terra de Molis", dividida naquel tempo en dúas parroquias: San Tomé ao sur e Santa Baia ao norte.
Xa a finais do século XVI aparecen na historia os primeiros señores de  Mos,  Alonso de Quirós e María Sotomayor, que unifican as dúas igrexas e comezan a levantar os muros do Pazo. Non era a primeira construción destas características que se erixía na parroquia. Se facemos caso á toponimia, nas proximidades do actual edificio atopamos un lugar coñecido  como "O Pazo Vello". O nome ofrece pistas sobre unha antiga edificación da que hoxe non queda vestixio ningún.

O primeiro señor de Mos elixiu o lugar coñecido como A Escocha para erguer a súa casa e a nova Igrexa de Santa Baia. Construíu arredor do edificio principal outras sete vivendas de planta baixa para o servizo do Pazo, dando orixe, deste modo, ó primeiro núcleo urbano da parroquia de Mos. Dende ese momento, A Escocha comezou a ser coñecida como A Rúa.

foto: a fachada do pazo en 2008, meses antes da inauguración.

Apoxeo e decadencia.

O pazo construído polos primeiros señores de Mos estaba composto só polas dúas primeiras plantas da ala que dá á "Plazuela", o espazo público no que se celebraba o mercado semanal, cada luns, entre 1753 e 1808. A terceira planta do edificio e a ala disposta en paralelo ao Camiño de Santiago non se construirían ata o século XVIII. O Pazo estaba en obras no ano 1708 e a capela de San Brais, anexa ó edificio, foi inaugurada en 1721, co gallo da confirmación dos sete fillos do Marqués.

Ata 1686 a casa de Mos non tiña título nobiliario. A distinción de Marqués conseguiuna ese mesmo ano o oitavo señor de Mos, Gabriel de Quirós, de mans do rei Carlos II. Case un século despois, en 1776, o cuarto marqués, Benito Correa y Sarmiento, conseguiría ademais o recoñecemento de Grande de España. Os marqueses, ao conseguir os máis altos recoñecementos nobiliarios, comezaron a pasar máis tempo na Corte e menos en Mos.


En 1809 unha partida do exército de Napoleón atravesa a vila de Mos no seu camiño cara a Tui. Os soldados tiñan a misión de reforzar a presenza francesa na cidade, pero non lles foi posible e tiveron que dar media volta prendendo lume, en represalia, ós edificios máis sobranceiros que atopaban no camiño. Entre eles estaba o Pazo de Mos. Anos máis tarde, uns ladróns incendiaron a parte que aínda seguía en pé. Cincuenta anos despois do momento de maior esplendor do marquesado, o pazo xa estaba en ruínas.

foto: Estado ruinoso no que se atopaba o pazo na década dos 80.

A recuperación para os veciños.

O Pazo deixou de ser a residencia dos marqueses de Mos, os seus donos despreocupáronse e a ruína do edificio acelerouse. A herdanza pasou dunha xeración a outra ata a morte, sen descendencia directa, do marqués Antonio Aguilar y Correa no Castelo de Soutomaior. Os bens do marquesado pasaron a mans dunha sobriña que puxo en venda o Pazo de Mos. O edificio e o terreo ciecundante foron pasando por distintas mans ata que, a mediados do século XX, unha cooperativa agrícola os adquiriu para construír unha granxa de gando vacún.

Os veciños seguiron celebrando a misa de San Brais na capela durante moitos anos e a vida social da parroquia transcurría, en boa medida, no entorno do palacio. Por iso se revelaron cada vez que os propietarios trataron de rodear cun valo a antiga casa señorial. Sucedeu en tres ocasións: en 1925, en 1940 e en 1972.

A Asociación de Veciños Santa Baia solicitou formalmente, en 1979, a cesión do Pazo a Euloxio Gomez Franqueira, e en febreiro de 1981 pasou a mans da parroquia de Mos. Comezou nese momento un longo proceso de xestións para recuperar o edificio. En 1991 os veciños cedéronllo ó Concello, que constituíu unha escola-obradoiro para iniciar as obras. Dez anos máis tarde, ante a falla de avances, o pobo volveu tomar as rendas do proxecto. e en 2008 o edificio cobrou nova vida como local veciñal e dinamizador cultural.


foto: vista do edificio dende o sur


*Esta recopilación foi elaborada polo "Foro de Estudos Mosenses" para a edición dun tríptico para a Fundación Pazo de Mos.



miércoles, 28 de marzo de 2012

PROGRAMACIÓN - 14 de Abril, 2012

PROGRAMACIÓN
ARDE O PAZO – 14 de Abril de 2012
A.X. Mos-keo Colectivo.

- Ás 10:00 h. CHEGADA DOS MARQUESES DE MÓS E APERTURA DO MERCADO.
                Artesanía, productos gastronómicos, furanchos e tabernas. 

- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS DE OFICIOS TRADICIONAIS E OBRADOIROS.
Alfareiro. Obradoiro dirixido por Cerámicas AICA.
Cesteiro. Elaboración dun cabaceiro de vimbios por Carliños.
Obradoiro de forxa. Dous ferreiros de Mós traballando na fragua.
Carpinteiro-Torneiro. Demostración do oficio/elaboración de buxainas.
Zoqueiro. Demostración do oficio.

-Ás 11:00 h. Grupo de gaita e baile tradicional.    TANGARAÑO.

-Ás 12:00 h. REPRESENTACIÓN:
*Chegada da Alarma de Pontesampaio advertindo o paso dun exército francés.
*Asamblea do pobo dirixida polo caudillos de Sto. Antoíño e Louriña.
*Chegada das tropas francesas do xeneral Maucune.
*Saqueo, roubos e outros abusos cometidos polos soldados franceses no mercado de Mos.
*Apresamento dos marqueses.

-Ás 13:30 h. proclama do “Frade Giraldez”.

-Ás 14:30 h. XANTAR (polbo á feira, carne ó caldeiro, etc,….).

-ás 15:30 h. Animación de rúa. “LUME NA PALLEIRA”

POLA TARDE

-Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN:
*Chega o son das bocinas e cornos dende o alto do Penedo da Alarma.
*Os guerrilleiros da Louriña comandados polo frade Giraldez atacan ós franceses.
*Despois do ataque os franceses montan o campamento.

-ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile tradicional.  A NOSA TERRA DE PEREIRAS.
Animación de rúa. “LUME NA PALLEIRA”

Ás 18:00 h. Recoñecemento a os personaxes máis destacados do Val da Louriña.

Ás 18:30 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.

Ás 19:00 h. Obradoiro de BAILE FRANCÉS con Suso Monteira.
 *acompañados da música de Fernando Barroso e Luis Peixoto.

Ás 19:30 h. Animación de rúa. “LUME NA PALLEIRA”

Ás 20:30 h. Levantamento do campamento francés.

Ás 21:00 h. Volta das tropas francesas fuxindo de tui.
QUEIMA DO PAZO (Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).


A partir das 22:00 h. ACTUACIÓNS MUSICAIS.

CHARANGA CHARAMUJAS

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

....E ALGUNHA SORPRESIÑA MÁIS.



martes, 27 de marzo de 2012

O MERCADO E OS OBRADOIROS DE ARTESANÍA

BENVIDOS AO MERCADO DE MÓS EN 1809

CONSULTA AS BASES DE PARTICIPACIÓN


 

-Elaboración dun cabaceiro de vimbios. Dirixido por Carliños Cesteiro.


foto: cabaceiro como o que se vai facer este ano.

___________________________________________________________________________________



-Obradoiro de cerámica. Impartido polo noso veciño Ricardo de CERAMICAS AICA.


foto: manipulando o torno de alfareiro noobradoiro participativo de cerámica.


FOTOS DO MERCADO EN ANTERIORES EDICIÓNS.

 
foto: a marquesa de Mós no mercado. 

 
foto: o afiador.


foto: o ferreiro.



foto: obradoiro de instrumentos musicais. 


foto: rematando unha tamanca no taller de Elena Ferro.