Dende enriba desta rocha, os vixías de Sto. Antoiño facían sonar as súas bocinas, trompetas ou cornos. Era o sinal de alarma que anunciaba a inminente chegada dos franceses ao Val da Louriña polo paso do “Alto dos Valos”.
Este penedo esta no Brazal, en plena serra do Galleiro,… e mirade que debuxo ten gravado na rocha!.
Foto: Cesar Gonzalez Oya, presidente do Moskeo, sinalando os detalles do debuxo.
Grazas ao descubridor do gravado, José Romero Villar, e aos compañeiros da Asociación Cultural Festa da Prehistoria, xa que a súa labor de proteción e divulgación dos gravados prehistóricos do monte de Louredo foi esencial para o re-descubrimento deste gravado.
Evidentemente, este petróglifo non é prehistórico, nin medieval pero,.. de que época será?.
Quedámonos coa hipótese publicada por Marcos Escudero no seu blog A PEDRA QUE FALA e adoptaremos este debuxo como distintivo da “Alarma de Sto. Antoiño”.
Foto: visita ao Penedo da Alarma, 25 de marzo de 2012.
Foto: facendo un calco do gravado.
Para saber máis sobre o Penedo da Alarma, pincha (aquí).