O MERCADO

BASES DO MERCADO DE 1809
ARDE O PAZO
*(actualizadas para 2022)

- Os participantes.


- Poderán participar no mercado todos aqueles artesáns, empresas e produtores que teñan debidamente regulamentada a súa actividade, e para tal fin, deberán aportar a documentación que así o acredite (certificado de alta na S.S. , recibo de autónomos, carta de artesán ou aquela documentación que estimen oportuna a estes efectos).

- Ademáis os vendedores de productos gastronómicos terán no seu poder o correspondente carnet de manipulación de alimentos.


- As solicitudes e criterios de seleción.


- Deberán facerse por correo electrónico no seguinte enderezo mercado.mos.1809@gmail.com ou no nº de teléfono 673 548 485, indicando o tipo de actividade.

- A organización valorará positivamente a presenza de tódolos oficios tradicionais e a variedade da mercadoría e produtos expostos.

- Tamén se valorará a participación en edicións anteriores e a residencia en Mós.

- A organización comunicará a cada participante a aceptación da súa solicitude que será efectiva no momento do ingreso da cuota de participación.

- As dimensións dos postos serán de 3 metros de ancho X 2.50 metros de fondo (max.). Calquera variación destas medidas deberá ser comunicada para ser avaliada pola organización.


- Cuotas de participación:


- Con carácter xeral, establecense as seguintes cuotas de axuda ou colaboración para gastos de organización:

1- Artesáns tradicionais:  20€ + fianza de 15€ .

2- Outros artesáns e Vendedores de artesanía (non artesáns): 35€ + fianza de 15€.

3- Posto produto gastronómico (queixos, friames, doces, etc,..): 45€ + fianza de 15€.

4- Posto elaborados gastronómicos (pizzas, hamburguesas, etc,…): 150€ + fianza de 50€ 

5- Tabernas ou Furanchos:  Analizarase cada solicitude e a cuota dependerá do nº de tabernas solicitadas ou admitidas).

As cuotas dalgunhas solicitudes poderán ser revisadas puntualmente atendendo ao volumen de negocio previsto.


- As cuotas de participación deberán ser ingresadas nos 5 días seguintes á confirmación de participación no nº de conta ES40 2080 5092 06 3040025351 (Asociación Cultural “ViaxaMos no Tempo”), indicando como concepto “Mercado Arde o Pazo” e o nome do posto (artesán, empresa,…).

- A devolución da fianza efectuarase ao remate da festa unha vez comprobado o cumprimento destas bases. Non se devolverán as fianzas a aqueles que desmonten o posto antes de tempo.


 - Normas básicas.


- A situación dos postos será regulada pola organización tendo en conta as características e necesidades de cada participante. Os postos de produtos alimentarios situaranse na parte baixa da rúa (ata o adro da igrexa) e os artesáns ocuparán os arredores do pazo de Mós , a praza interior do edificio e o auditorio exterior.

- As dimensións dos postos serán de 3 metros de ancho X 2.50 metros de fondo (max.). Calquera variación destas medidas deberá ser comunicada para ser avaliada pola organización.

- Os postos deberán estar montados ás 9:30 h.  A partir desta hora a rúa estará pechada  e non se permitirá a entrada de vehículos. A desmontaxe so poderá facerse unha vez rematada a festa (fin de programación).

- Os postos deberán adaptarse visualmente á época (1809) (ocultando elementos de plástico, ferro galvanizado, etc,…)  e as persoas que os atendan irán vestidas co traxe tradicional.

- Aqueles postos que necesiten toma de auga ou electricidade, deberán comunicalo á organización con anterioridade e sempre antes do momento da súa inscripción. Non se permitirán xeradores de corriente e a iluminación interior correrá a cargo dos propietarios dos postos que deberán utilizar lámparas de baterias ou similares.

-  As comidas e bebidas serviranse en envases de barro, louza (xerras, cuncas …) ou madeira. Non estará permitida a venda de bebidas en botellas e vasos de vidro.

- Ao remate da festa, o espazo ocupado por cada posto deberá quedar limpo (embalaxes, manchas de graxa ou aceite e outros tipos de lixo).

- O incumprimento de calquera dos puntos destas bases suporá a perda total da fianza e o abandono da festa a requirimento da organización.



- A lista de participantes admitidos será publicada na pestaña "O MERCADO" deste blog.
- As discrepancias xurdidas e casos non recollidos nestas bases serán resoltas polos Marqueses de Mós.