Sería imposible cociñar todo isto sen contar con tódolos ingredientes que
temos do acontecido en Mós en 1809. É por iso que este ano decidimos sinalizar
outro dos episodios que viviron aqueles veciños da Louriña, colocando dous
paneis informativos no barrio do Amierolongo.
Estes paneis están na antiga Estrada Real, antes XIX Vía Romana e despois
Camiño Portugués de Santiago, ao seu paso por este barrio mosense.
O primeiro panel fala dos grandes penedos ou “moas”, que son a orixe do
topónimo Mós, e do protagonismo que
tiveron estas moles de pedra nesta
parte da nosa historia. Quedou na Chan do Bosque, fronte á “Moa ou Penedo do Ruxecú”.
Primeiro panel, ubicado fronte á moa do "Ruxecú". |
O outro panel, situado 100 metros máis ao norte, conta con máis detalle o
ataque que sufriu a retagarda francesa dende o alto destas pedras que están á beira do camiño, cando se dirixían a Tui naquel 13 de
abril de 1809). Tamén fala do incendio que os franceses provocaron na Capela de San Francisco cando
se retiraban de volta a Pontevedra para non volver nunca máis ao sur de Galiza.
Descubrindo o segundo panel, no Barrio de Amierolongo. |
Aquí
quedan algunhas fotos da xornada e un pequeño video que de seguro axudará a
comprender por qué aqueles mosenses escolleron estas moas para prepararlles unha
emboscada.
Tedes toda a información neste mesmo blog nos datos históricos.
Foto de grupo ao pé dos penedos, ou moas, de Carracido. |