miércoles, 27 de septiembre de 2017

OS FILLOS DO LUME. Que fan dous membros da Alarma de san Antoíño na taberna de Xoana Rial?

OS FILLOS DO LUME. Pedro Feijoó (2017).

Que una novela afonde na nosa historia é algo habitual.
Que o autor lle chame ás cousas polo seu nome non ten prezo e Pedro Feijoó faino dende o principio ata o fin. Chega como exemplo "A guerra de Galicia", denominación acertadísima, que o autor usa para definir aquela loita que os galegos de 1809 mantiveron contra os "javachos" (nin independencia "españolista" nin farrapos de gaita).



Que dous membros da Alarma de san Antoíño aparezan na mitica taberna de Xoana Rial un día antes da reconquista da Vila de Vigo (ata aí podemos ler),... iso,... iso xa merece unha pregaria o ao noso "santo cristiño querido, que non quede ningún".

Foto: Presentación de "Os Fillos do Lume" na librería Libraida (Gondomar) o pasado mes de Santiago.


E precisamente publicamos isto agora, nestas datas, porque... estaredes buscando un agasallo de nadal, NON?
Pois se vos gusta a "nosa" historia, a "verdadeira", a historia local en contrapunto a esa historia oficialista, manipuladora e mentireira, aquí tedes o que estades buscando.

ALGUNHAS PISTAS QUE PODEMOS DAR.

Xa vos falamos da presenza deses dous membros da Alarma de San Antoíño na taberna de Xoana Riál un día antes da Reconquista da Vila de Vigo.

Ademais tedes que prestar atención ao Cristo de la Victoria, que é o fío conductor da novela, porque en Mós tamén temos o "noso" Cristo de la Victoria (na barrio dos Cabaleiros, Mós), consagrado á vitoria sobre os javachos despois daquela loita. Lembrade que o pasado mes de abril instalamos un panel informativo nas inmediacións do cruceiro que explica isto.
Panel informativo que instalamos este ano nas inmediacións de noso "Cristo da Vitoria".


Pois o dito, estamos moi ledos por todo isto e só nos queda recomendarvos a lectura desta novela "Os Fillos do lume" e a súa precedente "Os Fillos do Mar" para que poidades seguir o fío de Simón e Mariña, os personaxes principais. Porque ademáis da nosa historia, as dúas novelas visitan as rúas e arquitecturas de Vigo e outros lugares da nosas Rías Baixas nas trepidantes e ás veces divertidas correrías dos personaxes. 

Grazas Pedro Feijoo!