viernes, 10 de abril de 2020

Este ano non ARDE O PAZO

A estás alturas deberamos estar bulindo pola proximidade das datas de celebración da XII edición de "ARDE O PAZO, Mós-1809", que deberíamos festexar o vindeiro 18 de abril.

Non sabemos cando se van a volver a abrir as fronteiras para que poidan vir os "jabachos" e ante esta incerteza temos que suspender a celebración deste ano.

ESTE ANO NON ARDE O PAZO


Queremos transmitir a nosa solidaridade con todas as empresas e traballadores do tecido cultural que ano tras ano participan e fan posible ARDE O PAZO. Tamén aos artesáns, negocios de hostelería e demais empresarios que tódolos anos agardan esta festa tan importante para a súa actividade económica.

Unha aperta tamén a todos os participantes e colaboradores. Desexamos que isto pase canto antes, que todo volva á normalidade e o máis importante:

"Que todos vos coidedes moito para que nos poidamos volver a ver en 2021, con máis ganas de queimar o pazo"



Un saúdo e saúde a todos!

Asociación Cultural
VIAXAMOS NO TEMPO

martes, 23 de abril de 2019

TRAILER DA CURTAMETRAXE 2019

Este é o trailer da curtametraxe que este ano imos proxectar sobre a fachada do pazo.






XI edición ARDE O PAZO, Mós - 1809

Este é o cartel e a programación.



martes, 19 de febrero de 2019

27 de Abril de 2019, XI EDICIÓN de ARDE O PAZO, MÓS - 1809

XI EDICIÓN de ARDE O PAZO, MÓS - 1809
27 de Abril de 2019.


viernes, 30 de marzo de 2018

PROGRAMACIÓN'18 - X edición ARDE O PAZO, Mós-1809

Aquí tedes a programación para a X edición, pensada dentro das nosas posibilidades para que tódolos públicos poidan disfrutar dun bo día de festa e coñezan esta parte da nosa historia local.
Atentos que haberá novidades importantes!





Cartel da X edición de ARDE O PAZO, Mós-1809.

Este ano o cartel está inspirado nos debuxos de Urdezo para darlle visibilidade aos personaxes principais de Mós en 1809, o frade Francisco Giráldez e o caudillo de San Antoíño, José Benito Bernárdez.
E se foran galos serían Girádix e Bernardix pero non,... son galegos, e agora son os ghabachos os que din: ESTES DE MÓS ESTÁN TOLOS!!!



miércoles, 27 de septiembre de 2017

OS FILLOS DO LUME. Que fan dous membros da Alarma de san Antoíño na taberna de Xoana Rial?

OS FILLOS DO LUME. Pedro Feijoó (2017).

Que una novela afonde na nosa historia é algo habitual.
Que o autor lle chame ás cousas polo seu nome non ten prezo e Pedro Feijoó faino dende o principio ata o fin. Chega como exemplo "A guerra de Galicia", denominación acertadísima, que o autor usa para definir aquela loita que os galegos de 1809 mantiveron contra os "javachos" (nin independencia "españolista" nin farrapos de gaita).



Que dous membros da Alarma de san Antoíño aparezan na mitica taberna de Xoana Rial un día antes da reconquista da Vila de Vigo (ata aí podemos ler),... iso,... iso xa merece unha pregaria o ao noso "santo cristiño querido, que non quede ningún".

Foto: Presentación de "Os Fillos do Lume" na librería Libraida (Gondomar) o pasado mes de Santiago.


E precisamente publicamos isto agora, nestas datas, porque... estaredes buscando un agasallo de nadal, NON?
Pois se vos gusta a "nosa" historia, a "verdadeira", a historia local en contrapunto a esa historia oficialista, manipuladora e mentireira, aquí tedes o que estades buscando.

ALGUNHAS PISTAS QUE PODEMOS DAR.

Xa vos falamos da presenza deses dous membros da Alarma de San Antoíño na taberna de Xoana Riál un día antes da Reconquista da Vila de Vigo.

Ademais tedes que prestar atención ao Cristo de la Victoria, que é o fío conductor da novela, porque en Mós tamén temos o "noso" Cristo de la Victoria (na barrio dos Cabaleiros, Mós), consagrado á vitoria sobre os javachos despois daquela loita. Lembrade que o pasado mes de abril instalamos un panel informativo nas inmediacións do cruceiro que explica isto.
Panel informativo que instalamos este ano nas inmediacións de noso "Cristo da Vitoria".


Pois o dito, estamos moi ledos por todo isto e só nos queda recomendarvos a lectura desta novela "Os Fillos do lume" e a súa precedente "Os Fillos do Mar" para que poidades seguir o fío de Simón e Mariña, os personaxes principais. Porque ademáis da nosa historia, as dúas novelas visitan as rúas e arquitecturas de Vigo e outros lugares da nosas Rías Baixas nas trepidantes e ás veces divertidas correrías dos personaxes. 

Grazas Pedro Feijoo!