miércoles, 19 de abril de 2017

PROGRAMACION IX edición ARDE O PAZO (ano 2017)


Xa temos aquí toda a programación, cos últimos cambios e retoques, para que non te perdas nada do que vai a acontecer o 22 de abril de 2017. Atentos ás novidades!, que son varias. Esperamos que vos guste e disfrutedes desta viaxe ao Mós de 1809.

-Ás 10:00h. OS MARQUESES DE MÓS  INAUGURAN O MERCADO DE 1809 (artesanía e productos gastronómicos).

DEMOSTRACIÓNS de OFICIOS TRADICIONAIS:

-Cestería viva con “Carliños Cesteiro” (patrocinado por VIVEIROS ADOA).

-Forxa co ferreiro David Correa (patrocinado por MEGALTA).

-Elaboración de “Corozas e Capelos” (patrocinado por Seguros ALONSO&SERODIO).
-Talla de madeira con Carlos Graña.
-Talla de Cristal con Eugenio

-OBRADOIROS PARTICIPATIVOS (alfarería con “Ricardo Aica” e coiro con Verónica Duarte).

E ademáis: Obradoiro de loita con Pau galaico-portugués. Clube FALCATA .

-DURANTE TODO O DÍA “MOSTRA DO IV CONCURSO DE ESPANTALLOS” da Parroquia de Mós.

-Ás 11:00 h. Actuacións / Mestura tradicional das Agrupacións “AS PEDRIÑAS” e “ABRENTE”.

-Ás 11:30 h. REPRESENTACIÓN 1: Os Marqueses de Mós COBRAN OS FOROS AO POBO. Os mosenses presentanse ante os Marqueses e o seu administrador para pagar estes tributos de 1809, que consistían en galiñas, cabras, millo, centeo, etc,… un carro de bois cargado de leña volverá a transitar pola Escocha!

Ata que aparecen as “Peixeiras do Berbés” (do grupo de teatro “Baluarte 1809” da AVV casco Vello de Vigo).

-Ás 12:00h. REPRESENTACIÓN 2: Chegan as tropas francesas do Xeneral Maucune, asaltan o mercado e o pazo de Mós apresando aos marqueses e á súa familia.

-Ás 13:00 h. REPRESENTACIÓN 3: o Caudillo da Alarma de San Antoíño , José Benito Bernárdez e o valente veciño de Petelos, Juan Araújo, chaman ao pobo para facerlle fronte aos franceses contradecindo a opinión do abade de Cela que aconsella aos vecinos fuxir aos montes.

-Chega o Frade Giráldez coas Alarmas de Pontesampaio e Casal do Eirixo (Valga) para dirixir a resistencia en toda a Louriña e preparar o ataque aos franceses.

-Ás 14:00h. XANTAR nas Tabernas e postos gastronómicos do mercado.

-Ás 17:00 h. REPRESENTACIÓN 4: Proclama do frade Francisco Giráldez, Comandante da Louriña que dirixe o ATAQUE NO AMIEIROLONGO á retagarda do exército francés.

- Ás 17:30 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.

-Ás 18:00 h. Grupo de baile “NOSA TERRA” de Pereiras “BAILE DOS ESPANTALLOS”.

-Ás 18:30 h. Animación de rúa e infantil.  PETER PUNK (no auditorio exterior).

-Ás 19:00 h. BAILE FRANCÉS: Obradoiro dirixido por Suso Monteira coa música de VIRAPÉ.

-Ás 20:00 h.  Animación de rúa e infantil. ASACOCIRCO Show (no auditorio exterior).

-Ás 21:00h. Entrega de premios do IV CONCURSO DE ESPANTALLOS (votación do público asistente e xurado nomeado pola organización).

-Ás 21:30h. Retirada do exército francés do xeneral Maucune fuxindo de Tui.

ARDE O PAZO
(Escenificación do incendio do pazo dos Marqueses de Mós provocado polos franceses cun espectáculo visual de efectos especiais).


A partir das 23:30h. Concerto dos grupos:



“ALGARABÍA” e “THE TURRE´S BAND”.


Grazas a tódolos patrocinadores (grandes e pequenos), aos colaboradores, ao público, aos artesáns, aos actores, aos espantallos, e a tódolos participantes que fan posible que ano tras ano fagamos todos xuntos esta viaxe ao noso pasado.

VIAXAMOS NO TEMPO

lunes, 17 de abril de 2017

Non só ARDE O PAZO... en 1809 pasaron máis cousas en Mós.


Sería imposible cociñar todo isto sen contar con tódolos ingredientes que temos do acontecido en Mós en 1809. É por iso que este ano decidimos sinalizar outro dos episodios que viviron aqueles veciños da Louriña, colocando dous paneis informativos no barrio do Amierolongo.

Estes paneis están na antiga Estrada Real, antes XIX Vía Romana e despois Camiño Portugués de Santiago, ao seu paso por este barrio mosense.

O primeiro panel fala dos grandes penedos ou “moas”, que son a orixe do topónimo Mós, e do protagonismo que tiveron estas moles de pedra nesta parte da nosa historia. Quedou na Chan do Bosque, fronte á “Moa ou Penedo do Ruxecú”.

Primeiro panel, ubicado fronte á moa do "Ruxecú".


O outro panel, situado 100 metros máis ao norte, conta con máis detalle o ataque que sufriu a retagarda francesa dende o alto destas pedras que están á beira do camiño, cando se dirixían a Tui naquel 13 de abril de 1809). Tamén fala do incendio que os franceses provocaron na Capela de San Francisco cando se retiraban de volta a Pontevedra para non volver nunca máis ao sur de Galiza.


Descubrindo o segundo panel, no Barrio de Amierolongo.

Aquí quedan algunhas fotos da xornada e un pequeño video que de seguro axudará a comprender por qué aqueles mosenses escolleron estas moas para prepararlles unha emboscada.
Tedes toda a información neste mesmo blog nos datos históricos.



Foto de grupo ao pé dos penedos, ou moas, de Carracido.







miércoles, 22 de marzo de 2017

cartel da IX edición "ARDE O PAZO, MÓS-1809"

Falta un mes e xa está aquí o cartel da IX edición.
Un gran traballo de Juancho, que foi quen de transmitir o que queremos e ao mesmo tempo darlle visibilidade a unha das novidades deste ano.


Estade atentos! que mañán contaremos un pouco máis.

domingo, 27 de marzo de 2016

PROGRAMACIÓN 2016, CARTEL DEFINITIVO e plano d'A ESCOCHA.

Pois aquí temos -despois de moito traballo- o cartel definitivo deste ano, a programación e o plano d'A Escocha.

Moitas grazas a tódolos patrocinadores!
E a todos aqueles veciños, asociacións, artesáns, entidades e público que colabora e participa en ARDE O PAZO dende a 1ª edición.


A Programación, da que iremos debullando os detalles no facebook.


E o plano d'A ESCOCHA. Así é como se chamaba este lugar antes de que os marqueses de Mós decidiran construir aquí o seu pazo.



miércoles, 16 de marzo de 2016

REFORZOS PARA BOTAR AOS FRANCESES

Esta ano recibiremos reforzos para loitar contra os gabachos.


Contaremos coa presenza dun excepcional corpo do exército.




E unha nova Alarma que se sumará aos de Pontesampaio! 


Quen serán estes arroutados galegos?

E ti, virás a botarnos unha "mahou"?



* Este ano Mahou é patrocinador especial de ARDE O PAZO


domingo, 13 de marzo de 2016

PRESENTAMOS O CARTEL DESTE ANO E AO NOVO PATROCINADOR DA FESTA

Pois aquí temos dúas boas novas!

por un lado temos o cartel deste ano!

e por outro lado presentamos a un novo patrocinador!


E mañán? 

Mañán máis... 

esperamos que vaian confirmando outros patrocinadores

pero mañán daremos un avance da programación A 

porque hai outra programación B,... que será, será?


jueves, 25 de febrero de 2016

I-MÓS QUENTANDO


Pasou o Entroido e xa estamos con tódolos sentidos postos no 16 de Abril, que é o día que o exército de Napoleón queimará o Pazo de Mós este ano.

Para ir quentando, imos publicar unhas fotos que nos fixo o noso colaborador "Franchu" (do Comando Celta) na Reconquista da Vila de Vigo o ano pasado.

E tamén unha das cousas que máis estades demandando a través do facebook:




Animamos aos novos...

... e aos vellos
aos máis antighuos!
a sumarse a esta loita
por recuperar a nosa historia.
a da Alarma de San Antoíño
que asaltou a porta da Gambóa

Dándolle duro aos gabachos.
que non quede ningún!!!