Máis leña para queimar o Pazo de Mós.
O Concello de Mos e un grupo
de veciños que forman a “Alarma de San Antoíño”, reforzan a organización da 7ª edición
de ARDE O PAZO, coordinada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria. Por iso pensamos que este ano, ao haber máis
leña, o pazo arderá mellor.
O pasado martes o Pazo de Mós
acolleu unha xuntanza con outras asociacións do concello, que serviu para facer
un adianto da programación
desta festa que o próximo 11 de abril recreará o paso dos exércitos
napoleonicos polo Val da Louriña en 1809.
foto: Personaxes principais e membros da Alarma de San Antoíño. Empezaron participando na festa e agora forman parte da organización |
O campamento.
Unha
das novidades máis importantes desta edición é a instalación dun campamento nas inmediacións
do pazo, que acollerá en casetas individuais ás asociacións e grupos que así o
soliciten. Deste xeito tratamos de facilitar a xornada festiva aos
participantes nas representacións teatrais.
Queremos
lembrar que a participación é aberta para novos grupos ou persoas que, de xeito
individual, queiran participar nas recreacións. O único requisito é acudir ao último ensaio xeral que será o domingo 5 de
abril, ás 17.00 h. no Pazo.
Podedes apuntarvos en festadaprehistoria@gmail.com.
Un autobús para reconquistar Vigo.
Domingo, 29 de marzo.
A nosa participación na Festa da
Reconquista de Vigo serve de homenaxe aos mosenses que participaron no asalto á
porta da Gamboa en 1809. Para que este episodio non caia no esquecemento, un
ano máis, o día 29 de marzo, un autobús sairá de Mós ás 15:30h. para representar
aquela “Alarma de San Antoíño” comandada polo frade “Francisco Giráldez”.
O prezo viaxe é de 3 € (ida e volta) e todos aqueles que queiran asistir deberán vestir con traxe tradicional e apuntarse en festadaprehistoria@gmail.com. ou no telf: 673 54 84 85.
O prezo viaxe é de 3 € (ida e volta) e todos aqueles que queiran asistir deberán vestir con traxe tradicional e apuntarse en festadaprehistoria@gmail.com. ou no telf: 673 54 84 85.
Programación
11 de Abril de 2015.
- Ás 10:00 h. OS MARQUESES DE MÓS INAUGURAN O MERCADO DE 1809..
Artesanía, produtos gastronómicos, tabernas e furanchos.
- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.
O
ferreiro David Correa, o alfareiro Ricardo "Aica", os telleiros do
Rosal, as Corozas de Lola, as Palilleiras de San Martin de Tameiga, a
talla der madeira de Carlos Graña, e algunha cousiña máis.
- Ás 11:00 h. Actuacións / Mestura tradicional das Agrupacións
“AS PEDRIÑAS” de Tameiga e “ARUME” de Guizán.
- Ás 12:00h. REPRESENTACIÓN 1: Chegada das tropas francesas.
-Proclama do frade Francisco Giráldez, COMANDANTE DA LOURIÑA.
- Ás 14:00h. XANTAR Tabernas e furanchose postos gastronómicos do mercado.
- Ás 15:30 h. Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.
- Ás 16:00 h. Animación infantil. ROI CAGABOLAS.
- Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2: “O ataque no Amieirolongo”
Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.
-Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.
-Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
- Ás 19:00 h. BAILE FRANCÉS: Obradoiro con Suso Monteira e
MÚSICA de Luis Peixoto e Fernando Barroso.
- Ás 21:30h. MAXIA NA RÚA: O MAGO MARCO.
- Ás 22:00h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui

QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES.
(Espectáculo de efectos especiais na
fachada do pazo).
- Segunda sesión: O MAGO MARCO.
Quempallou
Organiza:
Asociación Cultural “Festa da
Prehistoria”, Alarma se San Antoíño, Concello de Mos.