miércoles, 16 de marzo de 2016

REFORZOS PARA BOTAR AOS FRANCESES

Esta ano recibiremos reforzos para loitar contra os gabachos.


Contaremos coa presenza dun excepcional corpo do exército.




E unha nova Alarma que se sumará aos de Pontesampaio! 


Quen serán estes arroutados galegos?

E ti, virás a botarnos unha "mahou"?



* Este ano Mahou é patrocinador especial de ARDE O PAZO


domingo, 13 de marzo de 2016

PRESENTAMOS O CARTEL DESTE ANO E AO NOVO PATROCINADOR DA FESTA

Pois aquí temos dúas boas novas!

por un lado temos o cartel deste ano!

e por outro lado presentamos a un novo patrocinador!


E mañán? 

Mañán máis... 

esperamos que vaian confirmando outros patrocinadores

pero mañán daremos un avance da programación A 

porque hai outra programación B,... que será, será?


jueves, 25 de febrero de 2016

I-MÓS QUENTANDO


Pasou o Entroido e xa estamos con tódolos sentidos postos no 16 de Abril, que é o día que o exército de Napoleón queimará o Pazo de Mós este ano.

Para ir quentando, imos publicar unhas fotos que nos fixo o noso colaborador "Franchu" (do Comando Celta) na Reconquista da Vila de Vigo o ano pasado.

E tamén unha das cousas que máis estades demandando a través do facebook:




Animamos aos novos...

... e aos vellos
aos máis antighuos!
a sumarse a esta loita
por recuperar a nosa historia.
a da Alarma de San Antoíño
que asaltou a porta da Gambóa

Dándolle duro aos gabachos.
que non quede ningún!!!








jueves, 26 de marzo de 2015

Máis leña para queimar o Pazo de Mós.



Máis leña para queimar o Pazo de Mós.


                                   O Concello de Mos e un grupo de veciños que forman a “Alarma de San Antoíño”, reforzan a organización da 7ª edición de ARDE O PAZO, coordinada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria. Por iso pensamos que este ano, ao haber máis leña, o pazo arderá mellor.

                O pasado martes o Pazo de Mós acolleu unha xuntanza con outras asociacións do concello, que serviu para facer un adianto da programación desta festa que o próximo 11 de abril recreará o paso dos exércitos napoleonicos polo Val da Louriña en 1809.

foto:  Personaxes principais e membros da Alarma de San Antoíño. Empezaron participando na festa e agora forman parte da organización

O campamento.

                Unha das novidades máis importantes desta edición é a instalación dun campamento nas inmediacións do pazo, que acollerá en casetas individuais ás asociacións e grupos que así o soliciten. Deste xeito tratamos de facilitar a xornada festiva aos participantes nas representacións teatrais.

Queremos lembrar que a participación é aberta para novos grupos ou persoas que, de xeito individual, queiran participar nas recreacións. O único requisito é acudir ao último ensaio xeral que será o domingo 5 de abril, ás 17.00 h. no Pazo.

 Podedes apuntarvos en festadaprehistoria@gmail.com.



Un autobús para reconquistar Vigo. Domingo, 29 de marzo.
 
                A nosa participación na Festa da Reconquista de Vigo serve de homenaxe aos mosenses que participaron no asalto á porta da Gamboa en 1809. Para que este episodio non caia no esquecemento, un ano máis, o día 29 de marzo, un autobús sairá de Mós ás 15:30h. para representar aquela “Alarma de San Antoíño” comandada polo frade “Francisco Giráldez”.

 O prezo viaxe é de 3 € (ida e volta) e todos aqueles que queiran asistir deberán vestir con traxe tradicional e apuntarse en festadaprehistoria@gmail.com. ou no telf: 673 54 84 85.



 




 Programación
11 de Abril de 2015.
 
- Ás 10:00 h. OS MARQUESES DE MÓS  INAUGURAN O MERCADO DE 1809..
             
   Artesanía, produtos gastronómicos, tabernas e furanchos.
- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.
O ferreiro David Correa, o alfareiro Ricardo "Aica", os telleiros do Rosal, as Corozas de Lola, as Palilleiras de San Martin de Tameiga, a talla der madeira de Carlos Graña, e algunha cousiña máis.


- Ás 11:00 h. Actuacións / Mestura tradicional das Agrupacións
 “AS PEDRIÑAS” de Tameiga e “ARUME” de Guizán.

- Ás 12:00h.  REPRESENTACIÓN 1: Chegada das tropas francesas.
-Proclama do frade Francisco Giráldez, COMANDANTE DA LOURIÑA.

- Ás 14:00h. XANTAR Tabernas e furanchose postos gastronómicos do mercado.

- Ás 15:30 h. Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.

- Ás 16:00 h. Animación infantil.  ROI CAGABOLAS.

- Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2: “O ataque no Amieirolongo”
Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.

-Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.

-Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
- Ás 19:00 h. BAILE FRANCÉS: Obradoiro con Suso Monteira e
MÚSICA de Luis Peixoto e Fernando Barroso.

- Ás 21:30h. MAXIA NA RÚA: O MAGO MARCO.
- Ás 22:00h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui

QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES.
(Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).

 - Segunda sesión: O MAGO MARCO.
                                                                                                                                                                         
- A partir das 23:30 h. ACTUACIÓN MUSICAL.


Quempallou




Organiza:
Asociación Cultural “Festa da Prehistoria”, Alarma se San Antoíño, Concello de Mos.


viernes, 13 de marzo de 2015

ARDE O PAZO 2015 (VII Edición)

 


Xa estamos na VII edición. O cartel deste ano está inspirado neste logo de promoción turistica que ten o concello de Mos, co slogan:

A ROSA DO CAMIÑO,..

Unhas modificacións para adaptalo ao acontecido en abril de 1809 no Val da Louriña en todo o percorrido daquel camiño real que comunicaba Tui (capital de provincia) con Santiago,....

LUME NO CAMIÑO,...




 Que este ano celebramos o 11 de Abril,...


...ide preparandovos.


Se queredes participar no mercado,... Xa podedes apuntarvos, aquí están as bases de participación.

Proximamente confirmaremos toda a programación e as posibilidades de que , como grupo, participedes activamente nas representacións e ocupando un sitio no campamento.


viernes, 21 de marzo de 2014

PROGRAMACIÓN 2014 ( 6ª EDICIÓN)

 





Atentos que as actividades comezan o

DOMINGO 6 DE ABRIL


- Ás 10:00 h. ROTEIRO HISTÓRICO POLA TOPONIMIA DA PARROQUIA DE MÓS.

Con punto de saída no Pazo percorreremos parte da Parroquia de Sta. Baia de Mós.
Pasaremos polos lugares que aínda hoxe en día seguen a falarnos da nosa historia.
Descubriremos como vivian os mosenses de 1809.
E para finalizar o percorrido (12:30h. aprox.) temos a última sorpresa:
o que queda da pedra fundacional da Parroquia e quen sabe si do propio pazo.
                                             
- Ás 16:30 h.  ÚLTIMO ENSAIO XERAL.


- Ás 20:00 h. CHARLA - COLOQUIO 
 
do escritor e xornalista  EDUARDO ROLLAND.



SÁBADO 12 DE ABRIL


-Ás 10:00 h. OS MARQUESES DE MÓS INAUGURAN O MERCADO DE 1809.



- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.



- Ás 11:00 h. Mestura tradicional da Agrupación “AS PEDRIÑAS”.



- Ás 12:00h.  REPRESENTACIÓN 1:


Chegan as tropas francesas do Xeneral Maucune.



-Ás 13:30 h. Proclama do frade Francisco Giraldez, Comandante da Louriña.



- Ás 14:00h. XANTAR nas tabernas e furanchos do mercado.



- Ás 15:30 h. Animación de rúa.

“TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.


VIRAVOLTA TÍTERES - O CEGO DOS MONIFATES.



 Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2:

Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.



-Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.



-Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.



- Ás 19:00 h. Obradoiro de BAILE FRANCÉS con Suso Monteira.



- Ás 21:30h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui.

QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES DE MÓS.



- A partir das 22:30h. Concerto do grupo de música tradicional:

PELEPAU

lunes, 10 de marzo de 2014

12 de ABRIL de 2014 - 6º EDICIÓN. VÁIANSE PREPARANDO




  ESTAMOS ULTIMANDO A PROGRAMACIÓN...

... QUE AGARDAMOS TER LISTA NOS VINDEIROS DÍAS.

 

Como de costume viaxaremos no tempo ás terras dos Marqueses de Mós. Poderemos asistir ao mercado que se celebra no entorno do pazo, degustar as mellores viandas da Louriña e o viño "do país" mentres valoramos o traballo dos artesáns.

Non faltará a música tradicional e outras actvidades destinadas ao divertimento dois máis pequenos. Pero haberá que estar atentos, o exército de Napoleón quere vingar a derrota sufrida recentemente na "Reconquista da Vila de Vigo" e non se sabe o que pode pasar.

Ou si? Pois claro: chegarán os franceses, asaltarán o mercado, apresarán aos marqueses, mentres a xente do pobo agarda acubillada no alto dos montes polo son dos cornos e bucinas, o sinal para atacar á retagarda do exército invasor.