jueves, 26 de marzo de 2015

Máis leña para queimar o Pazo de Mós.



Máis leña para queimar o Pazo de Mós.


                                   O Concello de Mos e un grupo de veciños que forman a “Alarma de San Antoíño”, reforzan a organización da 7ª edición de ARDE O PAZO, coordinada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria. Por iso pensamos que este ano, ao haber máis leña, o pazo arderá mellor.

                O pasado martes o Pazo de Mós acolleu unha xuntanza con outras asociacións do concello, que serviu para facer un adianto da programación desta festa que o próximo 11 de abril recreará o paso dos exércitos napoleonicos polo Val da Louriña en 1809.

foto:  Personaxes principais e membros da Alarma de San Antoíño. Empezaron participando na festa e agora forman parte da organización

O campamento.

                Unha das novidades máis importantes desta edición é a instalación dun campamento nas inmediacións do pazo, que acollerá en casetas individuais ás asociacións e grupos que así o soliciten. Deste xeito tratamos de facilitar a xornada festiva aos participantes nas representacións teatrais.

Queremos lembrar que a participación é aberta para novos grupos ou persoas que, de xeito individual, queiran participar nas recreacións. O único requisito é acudir ao último ensaio xeral que será o domingo 5 de abril, ás 17.00 h. no Pazo.

 Podedes apuntarvos en festadaprehistoria@gmail.com.



Un autobús para reconquistar Vigo. Domingo, 29 de marzo.
 
                A nosa participación na Festa da Reconquista de Vigo serve de homenaxe aos mosenses que participaron no asalto á porta da Gamboa en 1809. Para que este episodio non caia no esquecemento, un ano máis, o día 29 de marzo, un autobús sairá de Mós ás 15:30h. para representar aquela “Alarma de San Antoíño” comandada polo frade “Francisco Giráldez”.

 O prezo viaxe é de 3 € (ida e volta) e todos aqueles que queiran asistir deberán vestir con traxe tradicional e apuntarse en festadaprehistoria@gmail.com. ou no telf: 673 54 84 85.



 




 Programación
11 de Abril de 2015.
 
- Ás 10:00 h. OS MARQUESES DE MÓS  INAUGURAN O MERCADO DE 1809..
             
   Artesanía, produtos gastronómicos, tabernas e furanchos.
- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.
O ferreiro David Correa, o alfareiro Ricardo "Aica", os telleiros do Rosal, as Corozas de Lola, as Palilleiras de San Martin de Tameiga, a talla der madeira de Carlos Graña, e algunha cousiña máis.


- Ás 11:00 h. Actuacións / Mestura tradicional das Agrupacións
 “AS PEDRIÑAS” de Tameiga e “ARUME” de Guizán.

- Ás 12:00h.  REPRESENTACIÓN 1: Chegada das tropas francesas.
-Proclama do frade Francisco Giráldez, COMANDANTE DA LOURIÑA.

- Ás 14:00h. XANTAR Tabernas e furanchose postos gastronómicos do mercado.

- Ás 15:30 h. Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.

- Ás 16:00 h. Animación infantil.  ROI CAGABOLAS.

- Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2: “O ataque no Amieirolongo”
Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.

-Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.

-Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
- Ás 19:00 h. BAILE FRANCÉS: Obradoiro con Suso Monteira e
MÚSICA de Luis Peixoto e Fernando Barroso.

- Ás 21:30h. MAXIA NA RÚA: O MAGO MARCO.
- Ás 22:00h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui

QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES.
(Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).

 - Segunda sesión: O MAGO MARCO.
                                                                                                                                                                         
- A partir das 23:30 h. ACTUACIÓN MUSICAL.


Quempallou




Organiza:
Asociación Cultural “Festa da Prehistoria”, Alarma se San Antoíño, Concello de Mos.