martes, 27 de marzo de 2012

OS PERSONAXES PRINCIPAIS

O XENERAL MAUCUNE.


Un dos máis terribles oficiais do exército do mariscal Ney. Na súa retirada de Tui devastou a comarca, incendiando todo o que atopaba no camiño e asasinando a centos de persoas. 






o frade FRANCISCO GIRALDEZ 

e o caudillo JOSÉ BENITO BERNARDEZ.


O frade foi proclamado comandante de toda a Louriña, despois de dirixir á alarma de Sto. Antoiño na reconquista de Vigo e o cerco de Tui.
… de quién puedo dar exacta cuenta porque lo observe de cerca, y no obstante que este religioso no parece sobresaliente, puedo asegurar que se portó con el arrojo y valentía de un soldado veterano…

“… Sería una injusticia no hacer público el especial mérito y patriotismo de P. Fray Francisco Giráldez, que sigue en el servicio en calidad de capitán del tercer batallón del regimiento de la Unión. “Verdaderamente que, siendo ciertos sus servicios, debe ocupar una praza de más lucro y dignidad y no dudo que, justificándolos, le atiendan con particular distinción los padres de la Patria”…
D. Josef Benito Bernárdez: grande en tódalas súas accións, puxo moito valor en todo o que se propuxo. Buscou cartos, pólvora e axudou a Giráldez para que todos os que tiñan reloxo deran as pesas para municións. Nunca se desanimou este valente caudillo de Sto. Antoíño, encargándose de gardar os pasos de Puxeiros (cara Vigo) e do Galleiro (Pontevedra-Tui).


OS MARQUESES DE MÓS.


D. Benito Correa e Mª Felicidad, foron apresados nesta guerra e levados presos a cidade francesa de Dijón. 



A ALARMA DE PONTESAMPAIO.

Son os que chegan correndo co terrible aviso:

 "Un exército de 3.000 franceses baixa de Santiago con direción á capital da provincia, Tui."

A imposibilidade de paralos en Pontesampaio causa preocupación entre a xente da Louriña. 

foto: Jose, caudillo de Pontesampaio


É un verdadeiro espectáculo presenciar os disparos ao aire das armas de avancarga.




A MILICIA DE VIGO.

Composta por xente da A.V.C. Casco Vello de Vigo, tamén acude en axuda da xente da Louriña. Agradecemos toda a colaboración prestada por esta asociación e alegrámonos pola recente declaración de "festa de interese turístico galego" para a Festa da Reconquista.